lunes, 22 de febrero de 2021

PUZZLE 3 PORQUIÑOS...9PEZAS


Poñédeo en pantalla completa (abaixo á dereita) e se lle dades ó pantasma (2º á esquerda) aparece o fondo que lles serve de axuda. 

sábado, 6 de febrero de 2021

ASAMBLEA


Todos os días despois de botar o xel damos comezo a Asamblea facendo algunhas tarefas diversas na que os dous encargad@s do día teñen que poñer a súa atención. O primeiriño de todo e saudar ós compañeiros e caompañeiras e ver se están ou non: Saúl estás? Bos días Saúl...así aprendemos normas de cortesía e tamén botamos en falta os nos@s compañeir@s. Aproveitamos para reforzar as cantidades do 1 ó 3 que soen ser @s nen@s que poden faltar como moito. 
Unha vez feito esto damos comezo cunha canción de Bos días que acompañamos con lingua de signos e Doña semana, para situarnos no día no que nos atopamos e os profes ou actividades do día.
Construír o nome propio coas letras móviles e o seu modelo.

Facemos series de dous elementos tomando como referencia as cores dun animal: cebra, xirafa...

Buscamos e contamos elementos da bandexa do inverno


Tratamos de ordear as barras vermellas da máis longa á máis curta, tomando como corrección a barra máis pequena (queda a modo escalera e a pequena é o "escalón")



Xogo do recuncho de números: dar de comer os pingüinos facendo correspondencia de número con cantidade de peixes

Moitos-poucos: A bandexa blanca tiña que ter poucos e azul moitos....Comprobamos? mmmmm parece que é máis longa a barra blanca polo que ten máis...
Un detalle aquí é que @s nen@s encargados de facer esa actividade prestaron atención a súa cor de bandexa e o cubo que escolleron...deste detalle dinme conta despois... faltou algo por explicar ou é que eles estaban noutro punto? Estes son os detalles que me parecen máis interesantes para estar en conexión con eles e elas😉

 

COMEZAMOS...