viernes, 26 de mayo de 2023

Visita familias 9

 Este pasado venres Alberto, o papá de Saúl, visitounos para contarnos cal era a súa profesión...ELÉCTRICO de coches, motos...

Trouxo á aula varias pezas eléctricas que ten un coche para explicarnos como arrancaba e funcionaba o coche (motor de arranque, batería, elevalunas eléctrico...) e tamén algunha das ferramentas que usa


MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

Esta foi a derradeira visita que tivemos. O tempo xa non nos da para máis pero pasámolo xenial cas visitas e eles estaban súper orgullos@s de que viñerades.

sábado, 20 de mayo de 2023

Visita familias 8

 Iván, o papá de Sabela, visitounos para contarnos en qué traballaba...ELECTROMECÁNICO de camións e autobuses

Primeiro explicounos un pouquiño o que facía e visionamos un vídeo de BLIPI sobre o traballo nun taller. 

Buscamos co Google Earth onde se atopaba o seu traballo

Presentounos ferramentas que precisaba: chave inglesa, carraca...

Despois convertemos a aula nun taller  e pasamos os camións dos "clientes" por chapa e pintura e tivemos que arranxarlle as luces 😉

Cada neno e nena levou para a súa casa un camión coas luces e batería para seguir experimentando. 







MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

miércoles, 17 de mayo de 2023

Visita familias 7

 O día 16 de maio tivemos a segunda sesión de xogos de mesa coa colaboración de tres mamás. Reyes, Ana e Lorena animáronse a xogas connosco ...

LINCE


PUZZLE DE 100 PEZAS FEITO ENTRE TODOS (a verdade é que o penúltimo grupo rematouno e tivemos que volver a sacar algunha peza para o último grupo 😏)

KABOOM

LUCKY la jirafa

MORADA MALDITA



CONSTRUCCIÓNS con plasti e palillos (non demos feito a TORRE EIFFEL)






As mamis decidiron traerlles un agasallo a cada ún...UN LAPIS

MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

COMEZAMOS...