domingo, 23 de enero de 2022

REFORZANDO A SERIE NUMÉRICA DO 1 Ó 5

Esta semana estivemos reforzando a serie numérica do 1 ó 5 (aínda que contando as letras do noso nome precisamos máis números)
Laberinto do números cos marcadores de "bingo"


Outro día ordeamos a serie escrita en tapas e colocamos tantos osiños como correspondía con cada número


e unha vez feito manipulativamente estamos listos e listas para facelo no papel

Esta actividade tivo unha segunda parte de forma individual conmigo. O neno ou nena tiña que repasar co color que eu mandara o número. Desta maneira, podo observar o recoñecemento dos números, o trazado, o agarre do útil e incluso a súa capacidade de atención cando os demáis fan outras tarefas.


 

miércoles, 19 de enero de 2022

Ratos de xogo

Estos días andamos dedicando un ratiño o xogo individual ou por parellas das "bandexas" que temos pola aula polo que a aula sufriu un pequeno cambio separando a maioría dos grupos (temos dúas mesas que non dan
 esa posibilidade) e deixando as mesas para un ou dous alumnos. Caixóns de sons iniciais con animais
Escritura libre ou empregando as tarxetas individuais con nome apelidos, números e vogais
Construción do nome dos compis con letras ensartables
Debuxo libre
Caixas das pechaduras e figuras ensartables
Trineos y cantidades con trineo
Puzles cabeza-partes


Hungry Monster
Números e cantidades
Resaques metálicos

COMEZAMOS...