lunes, 16 de agosto de 2021

EL UNNO...

 O UNNO  é un xogo de cartas de números e colores que lles gusta moito os nenos e nenas e moi versátil. Aquí vos deixo unha serie de propostas que podedes facer cos nen@s:

  • MEMORI DE NÚMEROS: colocamos as cartas por parellas (o ideal para comezar sería facer corresponder as parellas en cor e número: unha parella de UNos amarelos, unha parella de DOUS vermellos...)
  • ORDEAR A SERIE NUMÉRICA; do 1 ó 5 (nivel inicial) por familias de cores
  • CINQUILLO: variamos un pouco o xogo tradicional xogando únicamente cos números do 1 ó 5 para comezar. Cada xogador conta con 5 cartas e abren a partida os UN de cada familia (reforzando así a serie numérica) Comeza o un vermello e por turnos vanse colocando ou ben o número a continuación ou ben outra familia comezando sempre polo un. Se non ten para colocar, colle unha carta do mazo que colocará se é posible ou rematará o seu turno. Gaña o que remate antes as cartas.
  • O XOGO TRADICIONAL. Xogamos cas instruccións do xogo deixando as cartas especiais para cando controlen o xogo.

sábado, 14 de agosto de 2021

RECOMENDACIÓN: LIBROS DE "BUSCA Y ENCUENTRA"

 

Hoxe preséntovos un tipo de libros xogo nos que os nenos e nensas teñen que buscar en diversos escenarios os obxectos ou persoaxes dados. Traballamos a atención e vocabulario. Existe moita diversidade de temáticas e niveis

   


E se non queredes gastar sempre podemos facelo de forma oral xogando o típico xogo de VEO VEO unha cousiña de cor....redonda...que serve para...que se colaca en... (Pódese facer en estancias da casa,  no parque...ou creando unha bandexa con obxetos que temos por casa) Cantos máis obxectos poñamos máis dificultade engadimos.



ou con recortes de revista (ou pegatinas) montando un escenario (pegándo distintos obxectos nun folio) e despois témolos que buscar.

Qué vos parece?

miércoles, 11 de agosto de 2021

RETO VERANIEGO 2

 

lunes, 9 de agosto de 2021

CREAMOS UN ABECEDARIO NATURAL...

 Que vos parece se aproveitamos que o tempo nos permite estar máis tempo fora para crear un ABC con elementos da natureza? Conchas, , auga, palos, flores, follas, pedras...

Se enviades as vosas propostas colgareinas no blogue para que todos e todas podamos velas. Tamén formarán parte da nosa aula para o curso que ven.

Xa temos as primeiras aportacións:









COMEZAMOS...