jueves, 10 de marzo de 2022

ARRANCAMOS PROXECTO

 Hoxe tivemos una sesión especial cun Breakout para dar a coñecer algúns dos materiais que vamos a empregar para un novo proxecto. Na clase apareceu unha maleta pechada cunha carta que nos dicía que tiñamos que conseguir 4 diamantes resolvendo 4 probas en equipos...




A primeira proba consistía en buscar nunha imaxe pequenas partes da mesma que se mostraban debaixo


A segunda proba eran uns laberintos que unían cor con figura


A terceira proba era un laberinto no que axudaban a un dinosaurio a chegar ata os seus ovos



E a derradeira proba era unha caixiña que contiña dúas imaxes e letras para construír o nome: imaxen rosa, palabra de 3 letras e a imaxen azul de 4 letras.




Cando conseguiron os 4 diamantes alguén descubriu que o último tiña un número...sí, o meu un 5, o meu un 3...😊. Ordeando a serie numérica e cun rotu linterna máxico descubrimos unhas letras... Lucía...temos unha compañeira con ese nome...tes ti a chave Luci?😀
Despois de buscar na mochila, no percheiro, debaixo do nome...apareceu debaixo da silla

Por fin puidemos abrir ca chave a maleta... aínda que os cinturón s que traía resistironse máis ca chave🤪😃🤣



Estes son algúns dos materiais preparados para o proxecto

E un obxectivo...Que pasou despois da extinción dos dinosaurios?

Tedes cousiñas que aportarnos? Serán benvidas😃



jueves, 3 de marzo de 2022

SESION LUZ NEGRA


Hoxe tivemos unha xornada especial...descubrimos a luz negra ca que podemos ver na escuridade as cores máis brillantes...
Pintamos en folios flúor con rotuladores fluorescentes
Pintamos con pincel e pintura flúor
Xogamos con arroz brillante
...
Quedáronnos pendentes moitas actividades así que repetiremos





















 

COMEZAMOS...