martes, 28 de febrero de 2023

Visita familias 2

 Ana, a mamá de Aldara, visitounos para facer unha MANUALIDADE...un TETRIS

Contounos que traballa no PAI , o ladiño do cole e que moitos xa coñecen de cando asistían alí.

Trouxonos preparados un TETRIS para cada un que estivemos pintando coa nosa paleta de cores que tamén nos trouxo preparadas. 😆








                                                          MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

lunes, 6 de febrero de 2023

VISITA DAS FAMILIAS 1

Arrancamos ca visita dos papis e mamis e o primeiro foi Marcos, o papá de Chantal. Presentouse e contounos a que se adicaba. Tamén nos foi ensinando todos aqueles obxetos ou prendas que levan os guardia civís: gorra, esposas, silbato, bolígrafo, porra e como non, a sensación do día, a pistola e as balas.
Tamén nos falou dunha cousa moi importante: se algún día nos perdemos ou temos problemas temos que buscar ou chamar a un garda civil, policía ou garda de seguridade para que nos axuden e desconfiar da xente que non coñecemos. 





tamén nos ensinou o que era unha pegada dactilar e o traballo da "científica"






MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS😀

 

UN POUQUIÑO DE TODO...

EScribimos a frase da semana MI MAMÁ SE LLAMA...Comezamos en gran grupo, remarcando os sons e descubrindo que letra está detrás de cada sonido. Eu fágoo na pizarra para tod@s Repetimos nas pizarras individuais e finalmente facémolo no folio. 






Tamén engadimos novos grafismos o noso repertorio...practicando moito nas pizarras de rotu e despois a través da arte



Arrancamos cas sumas...e encántanos (a maioría :) )
Primeiro xogamos moito en gran grupo cas fichas de dominó, nas pizarras de rotulador e dados online e despois vamos as fichas onde empregamos pedras para contar e tamén as torres de números.


















Nesta actividade posteior os dominós tiñamos que darlle unha volta: temos que chegar a 8 e temos...4...cántos nos faltan? Esta costounos...

primeiro foron poñendo as fichas debaixo do número correspondente (eu fixen a primeira pero sen explicar e pillárono perfectamente) e nun segundo momento representamos con números o xogo : se a ficha que ten un punto e dous puntos poñémola debaixo do 3...entón  1+2=3










domingo, 5 de febrero de 2023

Artellando

Portada do mes de Xaneiro...ceras manley e acuarela



Adornamos o noso nome en minúsculas con luces de nadal...As mellores luces do mundo







 

COMEZAMOS...