sábado, 27 de marzo de 2021

 Xa rematamos o 2º trimestre e seguimos avanzando no recoñecemento do noso nome, as letras que o compoñen e os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras. Aquí vos deixo un xogo interactivo para xogar con eles:


domingo, 21 de marzo de 2021

TAREFAS DESTA SEMANA



Conxuntos EQUIVALENTES:

A tarefa consistía en buscar aqueles platos nos que houbera tantas pezas "comida" como animais e así poder alimentalos. Unha vez escollido o plato, comprobamos se cada animal ten o seu "pedazo de comida" e non sobran nin faltan
Esta actividade fixémola tamén de maneira dixital na PDI

Noutro momento, unha tarefa similar aínda que era necesario alimentar os animais colocándolles ó lado un plato con tanta comida como animais había. Non é necesario saber contar senón buscar os conxuntos equivalentes. Sempre comprobamos...
E aquí tedes unha actividade que levamos a cabo, a lo menos, unha vez por semana: temos a nosa caixiña coas letras do noso nome e empregámola para construilo correctamente: algúns xa son capaces de facelo sen o modelo, outros precisan o modelo e outras fan unha construcción aleatoria.

Os xogos de atención son un clásico tamén na nosa aula. Neste caso contabamos cunha táboa con distintos copos de neve e os seus pares que eu lles iba entregando de un en un. Tiñan que ir pegando debaixo do igual. Algúns completaron a tarefa  escribindo a palabra COPO

Seguimos fixándonos nas iniciais dos nomes dos nenos e nenas da clase...


E incorporamos algunhas actividades en recunchos que ese día non funcionaron...estaban nerviosos
 
Intentando facer unha escaleira de pinchos...

Atrapa a mosca. Por turnos, tiraban o dado (do 1 ó 3) e comían tantas moscas como marca o dado aplastando un trozo de plastilina sobre a mosca Quen comerá máis?

Batalla de Naipes. Por turnos tiran unha carta e gaña o que sexa máis grande

Debido a dificultade que ese día tiñamos para traballar en pequeno grupo sen supervisión fixemos parada e cambio...as veces pasa.😀😅
Así que tocou un laberinto, axudando o pingüín a chegar ó xeo: 1º co dedo, despois lápis, rotulador e finalmente co punzón. Un bo traballo de psicomotricidade fina


Ademáis de fixarnos nas iniciais tamén traballamos cas sílabas: dando palmas, saltando, marcando dedos...Aquí comezamos decindo cantos aros hai no chan, escribo números dentro deles, recoñecemos grafía....Acabamos a tarefa colocando dentro de cada aro tantos....como....1 coche, 2 animais....


Recoñecendo os nomes dos compañeiros e compañeiras:

Unha nova "bandexa"; a caixa dos sons...dámoslle entrada cunha actividade de recoñecemento das iniciais dos nomes. Cada caixón corresponde a unha letra e dentro teñen as fotos dos nenos e nenas da clase

Outra nova bandexa: taladrado de formas


Saltamos sílabas, esta vez cos nomes dos animais e rematamos colocando dentro de cada aro TANTOS animais COMO  o número do aro



Outra bandexa numérica. Coloca en cada oco o número da serie numérica desaparecido

Seguimos traballando cas formas pero aínda nos custa clasificalas polo mesmo criterio:




E se xogamos cos zapatos: buscamos a parella. Dous equipos e un montón de zapatos...quen será capaz de poñelos antes...
Probamos con calcetíns...E despois destas tarefas toca a ficha de atención: colorear os calcetíns iguais da mesma cor

Conxuntos iguais...Alimentando dinosaurios








En momentos de xogo libre:
Temos puzzles novos...
outros prefiren os policubos e quen fai a torre máis alta ou profe, ata onde me chega....
E outros aproveitamos para reforzar cantidades....
  • Que carta corresponde a cantidade do plato:



  • Coloca tantas bolas como marca a carta do plato
  • Xogamos o UNILLO. Consiste en ir completando as filas de números por cores e por orden comezando no un
E aínda tivemos tempo para coser un pouco...


 

lunes, 8 de marzo de 2021

O NÚMERO 3

Andivemos unha semana moi ocupados reforzando a cantidade de tres elementos e  a súa representación matemática. A través de diversos xogos que mezclaban movementos máis grosos, outros máis finos e orden.
CIRCUITO: saltamos 3 aros, montamos unha torre de 3 ladrillos, unha torre de pequenos bloques de construcción e trazamos o número na bandexa con area ou fariña.



Tamén facemos traballo en papel, neste caso axudamos os 3 porquiños a atopar o camiño a casa de ladrillo para que o lobo non os comera...para iso buscamos e rodeamos ou repasamos os números 3 (dependendo das habilidades de cada un)

Engadimos as nosas bandexas o número 3 para facer cos pinchos...


Outro día demos outra vez comezo con tres aros no chan e a realización de consignas diversas:


"... coloca 3 coches dentro do aro amarelo"  "... coloca tres ladrillos dentro do aro verde"...aínda que a priori parece sinxelo é unha consigna moi completa xa que ten que contar e buscar o aro correspondente empregando atención e memoria...e non tod@s están nese punto.



Saltamos os aros nos que previamente debuxamos os números do 1 ó 3 cantando a serie
Unimos os conxunos con tiza no chan: 1 coche, dous ladrillos e tres tubos
e repasamos o trazo dos números "borrando" co pincel

e non falta o baile: movemento ata que pare a música e imos metendo máis nen@s dentro dun aro: 1...2....3

E outro xogo de papel que tiñades interactivo na AULA VIRTUAL: cazando toupas con 3 obxectos
e cando hai semanas que dan para moito, nós ó noso😆Neste caso outro circuíto para gatear polo banco, saltar "pedras" do río levando unha bola ata chegar a tres...
e ó final do recorrido ordeamos a serie...

rematamos a ficha dos porquiños "iluminando" o camiño con cores...
e algunha se animou a outras tarefas en xogo libre: repasamos o 3 de lixa, enchemos con pedriñas e facemos con pinchos



 

COMEZAMOS...