Arrancamos o 2º trimestre con moito entusiasmo e acordávamonos das nosas rutinas diarias😀 Non podo estar máis contenta!
Tivemos un ratiño de xogo libre e aquí podedes ver as súas preferencias: hain@s que son máis de coches e tractores, @s da cociña, @s dos bebés, @s das construccións e outr@s que prefiren coller as bandexas de xogo individual Montessori...
Pero tamén tivemos tempo para facer xogos cos nosos nomes: na pantalla dixital fixemos unha tarefa que consistía en escoller de entre tres nen@s a cal lle correspondía o nome. Así vamos traballando o recoñecemento do noso nome e d@s compañeir@s
Tamén dedicamos un ratiño a facer un debuxo de nos mesmos, actividade que faremos todos os meses para ir comprobando a evolución do debuxo da figura humana
E repasamos un pouquiño os tres primeiros números da recta numérica empregando as fotos de nen@s da aula e tamén facendo referencia a cousas significativas para eles e elas como poden ser 1 nariz, 2 mans ou 3 anos...















No hay comentarios:
Publicar un comentario