lunes, 4 de enero de 2021

O NOSO NOME E O DOS COMPAÑEIR@S

 O noso nome é a principal palabra que nos identifica e moi importante para nós. Neste primer curso temos como obxetivo recoñecer, construír e incluso acercarnos a súa escritura, sempre respentando o ritmo individual de cada nen@.

Forma parte do noso día a día xa que identifica a nosa percha, o noso lugar na mesa, os nosos traballos...polo que cada día témolo a vista e vámolo asimilando. Nun primeiro momento contamos coa axuda da foto pero pronto desaparecerá...😀

PUZZLE DA CARA

MAXIA COA NOSA INICIAL


Coloreamos nun folio, aparentemente blanco aínda que varios se deron conta de que tiña a súa letra inicial. Cando secou un pouquiño de maxia e puidemos descubrir a nosa letra sacando a cinta carrocero.

Na Asamblea, primeiro momento do día no que nos reunimos e saudamos, tamén facemos algunhas tarefas relacionadas cos nosos nomes...buscamos a nosa inicial e colocamos ahí o noso nome




Colocámonos no noso equipo da Patrulla Canina. Cada equipo de 4 nen@s correspóndelle un protagonista da Patrulla Canina segunda a cor do seu equipo: Zuma-laranxa, Rocky-verde...




Tamén facemos xogos na Pantalla Digital interactiva onde buscamos o noso nome, identificamos de quén é o nome que aparece, buscamos as parellas...





Trazamos no suelo a vocal A despois de facela con castañas e buscar os nomes da clase que comezan por ela
A roda dos nomes. Vamos xirando ó redor da roda para descubrir o noso nome. Comprobamos se o conseguimos.


Traballamos o vocabulario do outono coas tarxetas de 3 partes: nome e imaxe, imaxe, e nome. Nesta actividade consiste en unir cada nome coa súa imaxe prestando atención a tarxeta que está completa




No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMEZAMOS...