jueves, 25 de agosto de 2022

VEO VEO no verán

 Esta actividade segue a línea das que realizabamos na clase porque axudan a traballar a atención sostida. Ademáis conteo. Descarga AQUÍ



Summer Find and Colour Activity - free printable fun!

miércoles, 24 de agosto de 2022

MEDRANDO...un xogo de cantidades

 O xogo que vos presento hoxe é feito con materiais da casa e moi sinxelo pero divertido. Precisaredes dous rolos de papel hixiénico (ou cartón) e dous trozos de cartolina ou cartón.


 

Só tedes que plegar o rolo de papel hixiénico no que logo faredes un debuxo sinxelo (un neno ou nena, algún animal...) e cortaredes á medida a cartulina ou cartón que vai por dentro. Cunha regla marcades os números do 1 ó 30, e listo para xogar. Por turnos, tirades o dado e ides subindo o neno tantos números como indique o dado (hai que ir debuxando as pernas). ¿quén chegará antes arriba? Eu fixen un sombreiro na parte superior ¿quén poñerá primeiro o sombreiro?

Se non tedes ningún dado na casa podédelo crear  (IMPRIMIR) ou incluso usar un virtual DADO VIRTUAL

jueves, 18 de agosto de 2022

XOGO TESOURO PIRATA

 Hoxe propóñovos un xogo para traballar as cantidades. Chegaron os piratas e queren roubar moitas moedas de ouro ¿quen conseguirá máis?

Por turnos, cada xogador lanza un dado e avanza no taboleiro tantas casillas como marque o dado. Gañará ou perderá tantas moedas (podedes usar pedriñas, céntimos, garbanzos, tapas...) como marque a casilla. Cando algún xogador chegue o cofre de ouro robará a cada contrincante unha moeda. O xogo remata cando o primeiro xogador chegue ata o pirata. ¿Quen conseguiu máis moedas de ouro?
Descargade o xogo facendo CLIC nel ou debuxádeo nun folio. ¡Deséxovos unha boa viaxe, piratas!
xogo pirata

miércoles, 17 de agosto de 2022

LABERINTOS

 O xogo de hoxe trata sobre laberintos. Debedes buscar o camiño correcto para levar o raposo ás galiñas...😀

O número marca os camiños...tes que marcar o número correcto. Para xogar fai clic na imaxe



viernes, 12 de agosto de 2022

 Lee atentamente as tarxetas de abaixo e escribe debaixo de cada neno e nena o seu nome. Despois une cunha flecha coa súa mascota.








Quíén es quién?

miércoles, 10 de agosto de 2022

CONTO EN INGLÉS

 Que vos parece se practicamos un pouquiño de inglés? Aquí tedes unha ficha interactiva (podedes facela directamente no ordenador) sobre o conto BROWN BEAR para traballar cores e animais. Primeiro de todo mirade o conto...


COMEZAMOS...