viernes, 23 de julio de 2021

XOGOS DE AUGA

 Un xogo sinxelo: dous cubos e xoguetes (pelotas, animais...). Teñen que trasvasar  dun cubo con auga e xoguetes (mellor se flotan) a outro baleiro...fresquiño e divertido😂






jueves, 22 de julio de 2021

SEGUE A SERIE...

A TORRE MÁIS ALTA...


Hoxe preséntovos un xogo moi sinxelo, que lles soe encantar. Podedes imprimir o taboleiro ou pintalo nun papel. O xogo consiste en facer torres de legos ou outras pezas de construcción que se adapten nas que teredes que ir engadindo ou quitando segundo o xogador caia nunha casilla ou noutra. Cal será o xogador que chegue  ca torre máis alta? 
O xogo remata cando un dos xogadores chegue a meta. Gañará aquel que teña a torre máis alta.











 

lunes, 19 de julio de 2021

O LABERINTO NUMÉRICO...

 Se vos apetece unha actividade constructiva e de refugallo podedes crear un laberinto empregando:

  • Tapa dunha caixa
  • rollos de papel hixiénico baleiro
  • Pelota pequena
  • Rotulador






domingo, 18 de julio de 2021

PLASTILINA CASEIRA...

 Con ingredientes de andar por casa podedes facer plastilina caseira moi fácilmente:

  • 2 tazas de fariña
  • 2 tazas de auga
  • 1 taza de sal fina
  • 6 cucharadas de aceite
  • colorante alimenticio 
mezclar todos os ingredientes e a divertirse 



INVENTARIO DE DINOSAURIOS

 

Por si se quedaron con ganas de máis...

COMEZAMOS...