lunes, 4 de octubre de 2021

 E xa estamos de volta...

Arrancamos un novo curso, nova clase, novo compañeiro e algún que outro profe novo pero content@s de ver @s compañeir@s. Os primeiros días sentámonos libremente nas mesas, para que o inicio fora máis suave pero pronto fixen equipos (aínda que tendo en conta as súas preferencias😀

E toca recordar e recordar...porque mira que as olas do mar levaron varios aprendizaxes que xa tiñamos:

Queremos facernos máis rápidos lavando as mans, colgando mochilas e chaquetas e colocando o mandilón cando o precisamos. Vestir, poñer botóns e axudar os compañeiros e compañeiras.

Tamén temos que refrescar as tarefas de cada responsable: maquinistas, "resolvedor" de conflictos e lágrimas, material, limpeza...

O noso nome, cómo chamar a profe sen berrar, cómo facer que a profe sepa que preciso axuda cando está con outro neno ou nena...

Nome, círculos, debuxos...e, sobre todo, textura e sentidos na espuma de afeitar...e TODOS animáronse esta vez a probar.




  

Preparamos o noso archivador no que iremos gardando as fichas:


COMEZAMOS...