Xa estamos de volta e demos comezo ó 2021...Despois do xel, os agasallos de Papá Noel e os Reis Magos fixemos algunhas das rutinas habituais na aula: Asamblea, bandexas Montessori, xogo libre, relaxación, conto...
![]() |
| pintar con acuarela é unha das actividades que máis lles gusta |
![]() |
| Xogar ca plastilina tamén é outra das tarefas que escollen de maneira libre |
A aula chegounos un novo xogo (en realidade é meu pero o que nos tiñan que traer os reis magos para o cole non deu chegado a tempo😁) E algúns xa estivemos disfrutando dun dos 10 xogos que ten...
Tamén andivemos entretidos nas bandexas Montessori: recorte, destornillador, e un novo que consiste en parafusos de distinto tamaño e as súas porcas.
Ademáis, durante as tarefas da Asamblea tivemos que estar máis atentos xa que este 2º trimestre comezamos con novos sitios, equipos e novos compañeir@s cos que compartir.













No hay comentarios:
Publicar un comentario