domingo, 3 de enero de 2021

UN POUQUIÑO DE NÓS...

 Boas familia:

O primeiro de todo contarvos que a misión de este blogue é darvos a coñecer un pouquiño as tarefas que levamos a cabo no cole cos vosos fillos e fillas. 

Na aula de infantil temos un horario globalizado no que non existen momentos separados de matemáticas, lingua, ciencias...como no caso de primaria. Contamos ademáis con mestres da especialidade de música, inglés e relixión así como unha sesión de psicomotricidade e valores ó longo da semana.

Arrancamos o curso cos nen@s de 3 anos, algúns aínda non os teñen, e o máis importante de todo vai ser facer grupo, sentirnos seguros e cómodos cos nosos compañeir@s e mestres e pouquiño a pouco ir acadando algúns dos obxetivos propios da etapa. 

Que é o que considero máis importante nestes primeiros momentos?

  • Vir content@s ó cole 
  • Ser capaces de convivir co resto de compañeir@s
  • Ir progresando na autonomía encamiñada a meu propio coidado: ir ó baño, lavar mans, almorzo saudable e limpo...
E pouquiño a pouco ímonos sumerxindo noutros obxectivos a través do traballo da atención, observación, experimentación, convivencia...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMEZAMOS...