Seguimos reforzando as cantidades do 1 ó 3 contando, emparellando, construíndo conxuntos, alimentando dinosaurios....
TAmén melloramos a construcción do noso nome cas fichas individuais plastificadas que temos cada un: o modelo do nome, as letras punteadas e un oco para facelas nós.
Dende o Equipo de Dinamización pedíusenos que pintaramos a cara de Xela Arias (Letras Galegas 2021) para construír o seu nome. E aquí nos tedes con unha técnica plástica moi chula: papel pinocho e auga. Facemos a nosa montaxe e plasmamos a cara para que absorva a pintura.
Outro xogo novidoso que metemos é o KABOOM! Encántalles e con el practicamos os nomes dos compañeiros e compañeiras da clase. Cada pao ten un nome escrito pero un deles contén a palabra explosiva que fará que perdamos todos os paos que gañamos.
PUNZAR, COSER E PEGAR















No hay comentarios:
Publicar un comentario