lunes, 16 de agosto de 2021

EL UNNO...

 O UNNO  é un xogo de cartas de números e colores que lles gusta moito os nenos e nenas e moi versátil. Aquí vos deixo unha serie de propostas que podedes facer cos nen@s:

  • MEMORI DE NÚMEROS: colocamos as cartas por parellas (o ideal para comezar sería facer corresponder as parellas en cor e número: unha parella de UNos amarelos, unha parella de DOUS vermellos...)
  • ORDEAR A SERIE NUMÉRICA; do 1 ó 5 (nivel inicial) por familias de cores
  • CINQUILLO: variamos un pouco o xogo tradicional xogando únicamente cos números do 1 ó 5 para comezar. Cada xogador conta con 5 cartas e abren a partida os UN de cada familia (reforzando así a serie numérica) Comeza o un vermello e por turnos vanse colocando ou ben o número a continuación ou ben outra familia comezando sempre polo un. Se non ten para colocar, colle unha carta do mazo que colocará se é posible ou rematará o seu turno. Gaña o que remate antes as cartas.
  • O XOGO TRADICIONAL. Xogamos cas instruccións do xogo deixando as cartas especiais para cando controlen o xogo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMEZAMOS...