Neste 2º trimestre arrancamos con un novo encargo: a parella dese día é a encargada da Asamblea e deben facer varias tarefas como mirar quén falta, saudar @s que están e compoñer o seu nome coas letras soltas.
L, e V. foron as encargadas de arrancar con esta actividade e aínda que por ahora necesitan certa axuda e ánimo non o fixeron nada mal
Tamén aproveitamos este momento para presentar este puzle sinxelo das tres formas xeométricas básicas
pero a hora de clasificar segundo a forma e dado o exemplo que podedes ver na imaxe co que arranquei eu...non estaban moi de acordo...xa que eles fixáronse nas cores e non na forma 😀
Nun segundo intento engadín máis formas teatralizando e repasando ben as caras das figuras para chamar a súa atención sen darlle todavía nome as mesmas e polo menos algúns colleron a idea
E despois dunha baileciño para coller enerxía empregamos a PDI para facer un traballo cos nomes: unha foto e dous nomes posibles. Nin que decir que tod@s recoñecen o seu nome 😀
pero esta vez engadímoslle palmadas por cada sílaba e salto na recta numérica que pintamos no suelo
Non podía faltar o traballo individual de bandezas e contamos xa con algunha novidade:
![]() |
| peixes de tres pezas |
![]() |
| Seguimos usando o vocabulario de outono |
![]() |
| Novo puzzle de hipopótamo |
E completamos o traballo do nome cun mini proxeto que levaremos a cabo ata final de curso: "Evolución da escritura do meu nome" Cada nen@ escribirá o seu nome nun folio e ó final faremos un pequeno libro vengo a evolución no trazo...polo medio practicaremos moito o trazo con outras tarefas e en diversos espacios e formatos: letras soltas, obradoiros de trazos, escritura con tiza, con rotulador, con pincel....
E que pasa cos nen@s que non van ó comedor? Pois que despois dun trimestre en que tiñan un ratiño máis para xogar agora tocoulles traballar un pouquiño máis 😃 e mentras en podo facer un seguimento máis individualizado
traballamos o vocabulario, as onomatopeias e incluso construimos algún nome...
![]() |
| Arco Bambino |
![]() |
| puzzles de dous pezas |
![]() |
| Series de dous elementos |
traballamos o vocabulario, as onomatopeias e incluso construimos algún nome...




























No hay comentarios:
Publicar un comentario