viernes, 22 de enero de 2021

O NOME...

E seguimos traballando co noso nome. Esta vez tocounos dividilo en pedaciños...as letras... e  intentar volver a construilo tomando como modelo, se o precisamos, a tarxeta da nosa mesa...Non nos saiu perfecto pero seguiremos practicando...

Despois pintamos cada letra dunha cor...das tres cores básicas: vermello, azul e amarelo
E preparamos unha base para pegalo empregando as mesmas cores de témperas e bastoncillos para facer puntiños...aínda que aquí a creatividade deu renda solta a toda clase de puntos, raias...


Antes de poñernos a faena foi necesario poñernos o mandilón e abrochalos botóns. Algúns xa se esmeran moito e fano soliños, polo menos inténtano...outros buscan a miña axuda, de Sol, a coidadora ou dos encargados do día de "axudar a vestirse" 😀  E despois de tanta arte e de lavar as mans, toca sacar o mandilón e doblalo para podelo meter na mochila. Este traballo que podese interpretar como arduo é unha actividade excelente de Vida práctica e psicomotricidade fina. É fundamental que nenos e nenas aprendan todas aquelas tarefas relacionadas coa súa limpeza, hixiene, vestimenta, coidado e gardado das súas cousas, orden....
Unha vez seco, tocou montar outra vez as letras do nome...pero supoño que a parte creativa deixouse ver de novo...Non sempre é necesario que todo  esté perfecto😁









Esta semana tamén andivemos enredados ca neve. Aquí non chegou FILOMENA pero non nos faltou unha boa guerra de bolas de neve. Comezamos observando nun papel blanco o noso nome e fixemos unha bola apretando ben o folio, e listos para lanzar bolas de neve...a un aviso sentavámonos e mirábamos se tiñamos o noso nome ou outro...así imos fixándonos nos nomes do resto de compañeir@s. Algún non quería perder a súa bola e houbo algún que outro enfado pero en xeral resultou bastante divertido. Despois dun rato de "guerra" rematamos co lanzamento dentro da papeleira





e noutros momentos tamén traballamos cas letras soltas para formar o noso nome...démonos conta de que entre todos temos moitas AAAA, todos os nomes a conteñen excepto Xoel e non nos chegaban para todos😀





Unha vez contruído tocou repasalo co rotulador e tratar de facelo sos.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMEZAMOS...