domingo, 31 de enero de 2021

RESAQUES METÁLICOS MONTESSORI

 Esta semana coñecimos un dos stands de resaques metálicos Montessori. Este material sirve fundamentalmente para preparar a mán para a escritura. 


Pasou a formar parte da nosa nova mesa-recuncho de letras, na que xa contamos coas letras de lixa e uns bonecos de neve coas iniciais dos nosos nomes e as nosas fotos. 


O primeiriño que se lles ocurriu foi sacar e meter as pezas no lugar correspondente como calquer outro puzzle encaixable.

E despois pasamos a presentar a tabla para traballar cos resaques. A nosa conta con dous compartimentos.
Posteriormente a escoller a forma que máis lles guste e reseguir o seu trazo propúxenlles que aproveitaran esa figura para punzala, facendo así un traballo de psicomotricidade fina máis completo. 
A partir de agora contamos cunha bandexiña nova de traballo para punzar as nosas figuras ou outros trazos que propón a profe.







O material gustoulles moito aínda que todavía hay que avisar a algún despistado que escribe directamente na base, sen folio. Por sorte, como teñen a disposición lápices non hai erro que se resista á goma de borrar.😀


No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMEZAMOS...