domingo, 31 de enero de 2021

PUZZLES: ORGANIZACIÓN ESPACIAL

Despois de ter a súa man os puzzles de dúas pezas de animais da granxa que aínda que parezan moi fáciles tiveron as súas dificultades demos paso a outro de anda máis e nada menos que 50 pezas (grandes) que nos regalou unha mamá do cole. 
Para facer este puzzle precisaron da miña axuda pero estamos moi entusiasmados e iso é o mellorciño para aprender. O éxito o conseguir facelo é moi importante, así como este traballo en grupo, axuda, atención, concentración, fixarse nos detalles...


TAmén contamos con outro un pouco máis sinxelo  de 9 pezas para ir practicando que conta co debuxo debaixo como referencia. (desapareceunos unha peza, algún a levou na mochila?😀)

E aproveitando o interese merquei puzzles secuenciais de 6/9/12/16 pezas para ir gradualmente mellorando e dándose conta desta melloría. Aquí danse varias diferencias, dende o que xa os fai todos case sen esforzo ata os que todavía proban ensaio-error sen lóxica ningunha 😁










Xa teño outros esperando saír á luz...😂
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMEZAMOS...