lunes, 8 de marzo de 2021

O NÚMERO 3

Andivemos unha semana moi ocupados reforzando a cantidade de tres elementos e  a súa representación matemática. A través de diversos xogos que mezclaban movementos máis grosos, outros máis finos e orden.
CIRCUITO: saltamos 3 aros, montamos unha torre de 3 ladrillos, unha torre de pequenos bloques de construcción e trazamos o número na bandexa con area ou fariña.



Tamén facemos traballo en papel, neste caso axudamos os 3 porquiños a atopar o camiño a casa de ladrillo para que o lobo non os comera...para iso buscamos e rodeamos ou repasamos os números 3 (dependendo das habilidades de cada un)

Engadimos as nosas bandexas o número 3 para facer cos pinchos...


Outro día demos outra vez comezo con tres aros no chan e a realización de consignas diversas:


"... coloca 3 coches dentro do aro amarelo"  "... coloca tres ladrillos dentro do aro verde"...aínda que a priori parece sinxelo é unha consigna moi completa xa que ten que contar e buscar o aro correspondente empregando atención e memoria...e non tod@s están nese punto.



Saltamos os aros nos que previamente debuxamos os números do 1 ó 3 cantando a serie
Unimos os conxunos con tiza no chan: 1 coche, dous ladrillos e tres tubos
e repasamos o trazo dos números "borrando" co pincel

e non falta o baile: movemento ata que pare a música e imos metendo máis nen@s dentro dun aro: 1...2....3

E outro xogo de papel que tiñades interactivo na AULA VIRTUAL: cazando toupas con 3 obxectos
e cando hai semanas que dan para moito, nós ó noso😆Neste caso outro circuíto para gatear polo banco, saltar "pedras" do río levando unha bola ata chegar a tres...
e ó final do recorrido ordeamos a serie...

rematamos a ficha dos porquiños "iluminando" o camiño con cores...
e algunha se animou a outras tarefas en xogo libre: repasamos o 3 de lixa, enchemos con pedriñas e facemos con pinchos



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMEZAMOS...