martes, 13 de abril de 2021

ARRANCAMOS PROXECTO

Arrancamos o proxecto dos DINOSAURIOS cunha presentación no chan para motivar as conversas e poder recoller as súas ideas previas. Previamente, apareceunos unha cesta cun ovo e unhas follas nas que descubrimos a palabra dinosaurio




Estivemos un ratiño experimentando ca proposta e falando do porqué dos ovos e os dinosaurios, volvemos a nosa mesa na que dispoñíamos dunha enciclopedia sobre a temática e adicamos outro ratiño a mirar fotos e falar.





Finalmente, quixemos averiguar un pouquiño máis dos animais que nacen de ovos e os que nacen da barriga...temos un pouquiño de lío😁



Tamén pintamos unha pulseira de dinosaurio para informarvos de que arrancamos co proxecto e que podedes traer información, xoguetes...relacionados. A idea era que eles vos explicaran iso...servindo a pulseira que levaron para a casa de recordo...pero creo que non funcionou moi ben 😂
No libro estivemos observando unha das fichas dunha mamá dinosaurio co seu niño: cántos ovos racharon e cántos faltan por saír? Pintamos a dinosauria con esponxas e pintura, e punzamos o ovo para axudalo un pouquiño Qué sairá de ahí?







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMEZAMOS...