viernes, 2 de abril de 2021

BREAKOUT DE PASCUA

O venres antes de irnos de vacacións estivemos facendo unha búsqueda de ovos polo recinto do Centro pero antes diso precisamos gañar as 4 pezas do mapa do tesouro que nos axudaría a atopar os oviños.
Para gañalas tivemos que pasar varias probas:
  1. LABERINTO. Axudar ó coelliño a chegar a cenoria e poder así coller forzas para a nosa búsqueda
  2. XARDÍN DE FLORES. Traballamos un pouquiño o conteo cas flores e outra bichería que tiñamos no noso xardín de primaveira
  3. BÚSQUEDA DE OVOS DIXITAL. Tamén tivemos unha actividade interactiva na que tiñamos que buscar os ovos agochados entre as flores.
  4. PUZZLES DE OVOS. e finalmente montar o gran puzzle de pascua.


Montado o puzzle puidemos comezar a nosa búsqueda interpretando as zonas que marcaba o mapa...que non sempre é tarea doada😀
O mapache era un dos destinos...
A horta outro destino...sitio que non acababan de descifrar sendo a foto do mapa, unha foto deles o día anterior que estivemos a plantar...
NO ximnasio tamén estaban agochados outros dous ovos...
e finalmente na Biblioteca tiñamos outro ovo, o máis importante se cabe, xa que nel estaba agochada unha pista para atopar os de chocolate
como viron que había unha pista...raudos e veloces abriron o resto pero estaban valeiros...
Unha persoa do cole que sempre nos bota unha man...
Hai que dicir que algúns non fixeron moito caso da pista e marcharon cara a clase pero outros intentaron buscar unha solución que os levou ata a bedel, Josefa...que tiña o tesoriño 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMEZAMOS...