miércoles, 24 de noviembre de 2021

ARTE OTOÑAL E OUTROS LÍOS

Seguimos ca Arte Outoñol. Esta vez tocoulle o momento a mazá e como a podemos atopar en tres cores ésas foron as que empregamos para dar renda solta o noso traballo artístico.


A consigna era estampar con axuda do corcho as cores no interior da mazá...o resultado foi variopinto






moi variopinto...se ve que algunhas apodreceron😀
Noutra sesión, xa que tiñamos que deixar que se secaran, cortámolas en 3 pedazos e  montamos o puzzle



 A continuación empregamos pizarras blancas individuais ou as grandes da clase para practicar os trazos que despois plasmaríamos ó redor da mazá


Xerouse un momento de eses máxicos en que todo vai sobre rodas, uns acaban de pegar, outros crean trazos, outros xa recolleron e andan traballando cas bandexas de xogo...






e aquí vense os intereses de cada quen:
facendo nomes cas letras magnéticas...
ou co conteo otoñal...

outros ca bandexa de area...

bandexa de emparexar telas cos ollos pechados...facémolo táctilmente
outros cas letras de lixa...e as fotos dos compañeiros e compañeiras (iniciais dos nomes)
puzzles que se resisten ou nunca hai o tempo suficiente


e un dos xogos estrela da clase: os tres porquiños

A veces hai accidentes

que temos que solucionar

e entre tanto, despois do conto "o Abrazo" aproveitamos para facer grupo e querernos un pouco

e unha das tarefas que incorporamos este curso: debuxo paso a paso...hoxe tocoulle o momento ó ourizo cacho
e un xogo detectivesco, que fixeron xenial Cal é a palabra agochada tras os debuxos?

e aínda que pensedes que non...algún adiviñouna😂😂
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMEZAMOS...