viernes, 26 de noviembre de 2021

RECTA NUMÉRICA

E hoxe andivemos enredados cos números...seguimos reforzando a recta numérica ata o 5 porque xa se sabe que todo aprendizaxe precisa dunha boa repetición para adquirirse. Comezamos cun xogo de Asamblea de recoñecemento das grafías (asociación nome do número coa grafía), ordenación de menos a máis (1 ó 5) e asociación de cada grafía coa súa cantidade.
A posteriori tocou o traballo individual coa súa propia recta numérica en papel, na que tiñan que colocar debaixo de cada número a cantidade de osiños. Era o mismiño que fixéramos tod@s xuntos pero...non acababan de entendelo...

Voltamos con outra actividade de asociación cantidade-grafía...
e tamén probamos cas letras dos nosos nomes...esto esixiunos colocar máis números xa que algúns nomes tiñan MÁIS letras...
Voltamos as mesas a traballar en papel, pero antes probamos cos osiños: "colocamos tres osos dentro de cada círculo"...despois de practicar e revisar puxémonos mans á obra cos estampas

3 estampacións dentro de cada círculo ?😅

e chegoulle o tempo as contas...ensartamos de tres en tres cambiando de cor...o principio quedáronse en ensartamos 😂 pero cun exemplo collérono mellor...



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMEZAMOS...